publicidade hoxe

Pontecesures traballa no borrador da ordenanza da venta ambulante en mercadillos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontecesures
A-
A+

O equipo de goberno municipal ten elaborado un borrador de Ordenanza do exercicio do comercio ambulante en mercados periódicos, texto que presumiblemente será aprobado no pleno ordinario do vindeiro mes de xaneiro. Este texto contempla a realización dun mercadillo mensual, concretamente o primeiro venres de cada mes en horario matinal.

Na devandita ordenanza establécense as rúas nas que levar a cabo o mercadillo (Plazuela, rúa Nova e rúa San Lois) así como os requisitos que deben cumprir os que queiran optar a ocupar un posto no mercadillo.

O mercadillo ambulante pode ter cabida no Concello de Pontecesures, pero debe ser regulado para que complemente os intereses do comercio local estable. E por iso, polo que a norma reguladora parte do diálogo entre Concello, Asociación de Comerciantes de Pontecesures e asociacións de vendedores ambulantes.

A nova normativa reguladora do comercio ambulante en mercadillos establece os permisos e licenzas necesarios para levar a cabo a súa actividade comercial. Deste xeito o regulamento esixe garantías de profesionalidade mediante a pertinente licencia e regla o pago de taxas, así como os requisitos, inspeccións, sancións, dereitos e obligacións dos usuarios e profesionais desta actividade, con la regulación la venta dentro dunha ordenanza consensuada e que inclúe criterios de normas similares doutras vilas.

20 de decembro de 2013 | 13:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.