publicidade hoxe

Ponte Carreira acollerá a 45 edición das “Noites de Tasca” con música, magoto e chocolate con churros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

Ponte Carreira (Frades) acollerá este venres 6 de decembro a 45 edición das “Noites de Tasca”, organizadas pola asociación Grupo de Gaitas Os Viqueiras (Ordes) en colaboración co Concello de Frades, coa asociación folclórica Sarillo de Aiazo e coa asociación de veciños Rexente de Ponte Carreira. A festa comezará ás 19:00 horas no bar Mosqueira cun magosto popular e chocolate con churros.

Ás 21:00 horas, un grupo de gaiteiros fará unha rolda polos bares de Ponte Carreira para finalizar ás 22:00 horas no bar O Taxista, onde terán lugar as “Noites de Tasca”. En primeiro lugar actuarán os grupos A Gaita de Sarandón (de Os Requinteiros do Ulla) e os Sobraos (Bergondo), que darán paso a unha foliada á que se poden sumar todos os músicos que o desexen.

3 de decembro de 2013 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.