Ponte Caldelas e Coempo animarán o Nadal con actividades para todas as idades e atraccións de feira na Alameda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O Concello de Ponte Caldelas e a asociación de comerciantes COEMPO desenvolverán unha serie de actividades co fin de animar aos veciños a realizar as súas compras do Nadal no municipio á vez que ofrecen alternativas de lecer para os máis pequenos da casa.

Así, os comerciantes entregarán aos seus clientes Boletos da Sorte premiados con diñeiro canjeable neses mesmos locais onde realizaron a súa compra do Nadal. Ademais, tamén obsequiarán aos nenos do municipio co acceso gratuíto, os días 23 e 28 de decembro, ás atraccións de feira que se instalarán na Alameda de Ponte Caldelas do 21 de decembro ao 4 de xaneiro.

Ademais, e co fin de ofrecer alternativas de lecer para os máis pequenos da casa e facilitar as compras de Nadal, os días 21, 22, 14, 28, 29 e 31 habilitarase a Ludoteca de Nadal no Centro Cultural, que estará operativa de 11 a 13 horas e de 17 a 19 horas todos estes días, excepto o 24 e 31 que funcionarán só de mañá.

FESTA INFANTIL E TOMA DE UVAS ANTICIPADA COMO  DESPEDIDA DO ANO 2013

Outra das actividades que terá especial interese será a Festa Infantil de Fin de Ano anticipada que se celebrará o 31 de decembro, a partir das 12 do mediodía, na Alameda de Ponte Caldelas onde terá lugar actividades infantís e a toma das tradicionais uvas ao ritmo das badaladas do Centro Cultural.

Por outra banda, Papá Noel visitará a todos os nenos do municipio o martes 24 de decembro, pola mañá entre as 11 e as 13 horas, no Centro Cultural onde descansará da súa viaxe e atenderá as peticións de nenos e nenas que desexen coñecer persoalmente ao ancián chegado desde Laponia.

Finalmente, a tradicional Cabalgata de Reyes terá lugar o sábado 4 de xaneiro, a partir das 18:30 horas na que participarán as carrozas con cada un dos Reyes de Oriente que repartirán abundantes caramelos entre aquelas persoas que se acheguen até o centro urbano de Ponte Caldelas para ver a chegada dos Reis Meigos.

12 de decembro de 2013 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.