Poio acolle a segunda xuntanza de retiro budista “Separarse dos catro apegos”
O Concello de Poio colabora coa celebración da segunda xuntanza de retiro budista en Raxó, non centro cultural Xaime Illa Couto durante esta fin de semana, vos días 21 e 22 de decembro.
Baixo o título “Separarse dos catro apegos” tratase de logarar unha oportunidade para desconectarche do trafego da vida e profundar na mente.
O encontro está Aberta a todo público previo donativo de 30 euros. O horario será sábado de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 e domingo de 10:30 a 14:00 h.
A meditación ten como obxectivo mellorar a mente xa que, esta é a que impulsa a nosa vida, as nosas accións, ideas, e estados de ánimo. A meditación consiste de técnicas para adestrar a mente logrando un beneficio inmediato axudándonos a reducir a tensión e tranquilizar as emocións negativas. Estas técnicas milenarias tamén serven para desenvolver todo o noso potencial innato e madurar no camiño espiritual.
Convidámosche a participar nun retiro de meditación guiado pola Lama Rinchen Gyaltsen, mestre residente do Centro Internacional de Ensinos Budista en Pedreguer, Alacante. Para máis información sobre o mestre e o centro: meditacionbudista.org
Lama Rinchen introducirá as diferentes etapas do camiño espiritual e guiase aos estudantes nas meditaciones correspondentes. Cada sesión combinase teoría e práctica con tempo para preguntas. Os ensinos baséanse nun manual de meditación do antigo Tíbet coñecido como Separarse dos catro apegos, onde Manjushri, o buda da sabedoría, presenta a totalidade do camiño espiritual en só catro liñas.











