Permanece aberta a inscrición para as actividades de conciliación en Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

Ata o vindeiro día 19 deste mes permanecerá aberto o prazo de inscrición para anotarse nas actividades de conciliación de cara ás festas do Nadal. Obradoiros, xogos, xornadas lúdicas e didácticas, e moito más é do que poderán desfrutar os nenos e nenas que participen. Terán lugar nas mañás dos días 23, 24,26, 27, 30 e 31 de decembro, e tamén o 2, 3, 7 e 8 de xaneiro.

Poderán inscribirse os nenos e nenas matriculados nalgún centro de educación infantil ou primaria ordense neste curso. Con este programa perséguese que todos eles aprendan a convivir, facer amizades, reciclar dun xeito divertido, coidar o entorno, coñecer distintas culturas, facer deporte e tratar con igualdade e respecto a outros rapaces e rapazas.

Para anotarse é preciso entregar a ficha de inscrición debidamente cumplimentada no departamento de Educación, adxuntando unha fotocopia do menor ou ben do libro de familia, da tarxeta sanitaria e en caso de doenza un xustificante médico asinado.

De acadars un número mínimo de participantes que residan nas parroquias do municipio porase a disposición deles un servicio de autobuses. Ademais, como é habitual, as familias numerosas poderán optar a bonificacións.

9 de decembro de 2013 | 12:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.