Péchase temporalmente o miradoiro de madeira da Praia da Concha de Vilagarcía polos danos causados por un incendio provocado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O miradoiro de madeira da Praia da Cocha sufriu esta mañá as consecuencias dun incendio provocado. O lume causou danos nos tablóns do solo da estrutura polo que, de xeito preventivo, procedeuse a pechar a plataforma ata que poida ser reparada por membros do servizo Municipal de Medio Ambiente.

O lume detectouse a media mañá e ante as primeiras voces de alarma persoáronse no lugar efectivos da Policía Local e do servizo Municipal de Protección Civil e Emerxencias, encargándose estes últimos de sofocar as lapas e de retirar, xunto con persoal de Medio Ambiente, as láminas de madeira deterioradas. O incendio afectou a unha superficie aproximada de 8 metros cadrados. A retirada das táboas máis danadas deixou un burato no solo da plataforma, polo que pechouse o acceso ao miradoiro ata que non se proceda a súa reparación a efectos de previr que calquera persoa poida magoarse.

12 de decembro de 2013 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.