Parte médico do Santiago Futsal tras o derbi do sábado
A intensidade do derbi do pasado sábado deixou a algúns xogadores do Santiago Futsal na enfermaría esta semana, que tras varias semanas de duros adestramentos comezan a resentirse.
Por unha banda, Santi sofre unha lesión no menisco externo, polo que deberá gardar repouso. Ademais, Barroso e David presentan problemas musculares, polo que se atopan realizando traballo adaptado, aínda que non están totalmente descartados para o partido deste venres ante Elpozo Murcia. O de Melilla non puido participar na segunda parte do partido ante Burela e o capitán resentiuse tamén durante o partido deste problema muscular.











