publicidade hoxe

Papá Noel e un Paxe Real visitan aos alumnos do CPI de Pontecarreira en Frades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

Máis de oitenta nenos e nenas de Infantil e Primaria do CPI de Pontecarreira participaron na gran festa de animación co gallo da visita de Papá Noel e do Paxe Real ás instalacións do colexio. Ademais de recolleren as súas cartas, un dos duendes de Papá Noel impartiu un obradoiro de globoflexia e repartíu lambonadas entre os pequenos.

Por outra banda, os rapaces e rapazas do CPI de Pontecarreira asistiron a un concerto didáctico da Banda de Música de Merza, no que os músicos dezáns, que ían caracterizados como personaxes do Nadal, tiraron de humor para explicar os usos dos distintos instrumentos musicais, ao tempo que interpretaron algunhas pezas. Este concerto serviu para inaugurar o novo salón de actos, habilitado polas cuadrillas de traballadores contratadas polo Concello de Frades ao abeiro do Plan de Cooperación coas Entidades Locais da Consellería de Traballo e Benestar en colaboración co CPI Ponte Carreira. Deste xeito, xa non será preciso volver a desmontar o comedor escolar cada vez que hai unha actividade coma esta no colexio.

Ambos actos estiveron presididos polo alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, quen estivo acompañado polo concelleiro de Relacións Veciñais e deputado autonómico Miguel Prado Patiño.

23 de decembro de 2013 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.