Papá Noel chegará a Neda en Kaiak
O concelleiro de Deportes e Xuventude, Roberto Rey, anunciou esta mañá que a nova Asociación de Buceo Medioambiental Los Delfines invitou a Papá Noel a visitar Neda o próximo xoves, 26 de decembro, xusto despois de ter repartido os agasallos aos máis novos. Na real vila, compartirá a tarde cos nenos e nenas, que poderán ver a súa orixinal chegada en kaiak. Chegada na que contará coa colaboración de Los Delfines. A cita, xoves ás 18,30 horas na ponte que une Narón con Neda. Haberá caramelos para os máis pequenos e unha copa de cava para os maiores.











