Outros catro triunfos e unha derrota galegas, no segundo día do II Torneo Internacional de Balonmán “O Salnés 2013”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

Igual que sucedeu na primeira xornada, as seleccións galegas lograron catro triunfos e unha derrota no segundo día do II Torneo Internacional Deputación de Pontevedra “O Salnés 2013” infantil e cadete. A selección galega cadete feminina volveu a gañar e leva xa tres triunfos, mentres que a masculina remontou e logrou dúas importantes vitorias. Na categoría infantil, derrota do equipo feminino, e triunfo do masculino.

Cadete feminino

Asturias, 19-Galicia, 20. Partido con dúas caras ben diferenciadas. Na primeira parte o equipo galego imprimiu un ritmo forte tanto en defensa coma en ataque, chegando a ter unha vantaxe de 4 goles e rematando este tempo cun 10-14 favorable a Galicia. A outra cara foi a do segundo tempo. As galegas chegaron a estar con cinco goles de vantaxe no marcador, pero a falta de 15 minutos o equipo galego deixouse levar e cometeu moitos erros que meteron ás asturianas no partido. Hai que destacar os dez tantos de Carmen Prelchi. Ao final, 19-20 favorable ao conxunto galego.

Mañá (10.30), último partido fronte á selección de Castela e León, ao que ambos conxuntos chegan con tres vitorias polo que se van a decidir o título neste encontro.

Galicia, 20: Noa Martín, Sara Alonso, Daniela Carranza, Paula Alonso, Carmen Prelchi (10), Nerea Bouzón, Sandra López (3), María Pereiro, Uxía García (1), Beatriz Sola (1), Paula Amorín, Lara Patiño (1), Carmen Pereira (1), Raquel García, Laura Rúa (2) e Laura Piñeiro.

Cadete masculino

Galicia, 24-Castela e León, 20. Gran partido dos rapaces galegos, cun gran cambio de actitude trala derrota do primeiro choque. Nos primeiros minutos houbo alternancias no marcador, pero mediada a primeira parte Castela e León colleu 3 goles de renda. Esta situación provocou a reacción de Galicia, cun parcial de 4:0 que permitiu aos locais chegar ao descanso cunha lixeira vantaxe (10-9). Na segunda parte, Galicia foi sempre arriba no marcador, con diferenzas de 3 e 4 goles, para rematar 24-20.

Galicia, 24: Brais López (5), José López (2), Pablo García (1), Carlos Vilanova (4), Pedro Toimil, Diego Freijeiro, Nico Nantes (1), Óscar Broullón, Marcos Pérez(1), Antón Rodríguez (5), Sergio Lorenzo, Sergio Altirriba (1), Daniel Ramos (3), Ángel Rodríguez (1), Uxío García e Raúl Nogueira.

Asturias, 25-Galicia, 26. Pola tarde, segundo partido e segunda vitoria para Galicia, aínda que moito máis apurada. O conxunto local estivo case sempre por diante no marcador, e incluso en algúns momentos con tres tantos de vantaxe, pero Asturias nunca deu o partido por perdido e apertaba en busca de poñer en apuros aos galegos. Os goleadores galegos foron: José López (8), Ángel Rodríguez (1), Brais López (5), Antón Rodríguez (3), Pablo García (2), Carlos Vilanova (2), Daniel Ramos (2), Diego (2) e Nico (1).

Agora todo terá que decidirse na última xornada. Galicia, con catro puntos, xogará contra Portugal (12:30 horas, Meaño).

Infantil masculino

Asturias, 15-Galicia 24. Partido igualado na primeira metade, xa que o equipo galego tivo continúas perdas de balón. Así, chegaron ao descanso con un axustado 9-10. Tralo paso polo vestiario e a charla co adestrador, os xogadores galegos controlaron mellor o partido, con menos perdas e unha boa defensa. Mañá, Galicia xogará o último partido contra Castela e León (12:00 horas, Sanxenxo) onde se decidirá o título, xa que ambos conxuntos teñen dúas vitorias.

Galicia: Miguel Mouriño (3), Jorge Varela, Martín Gayo (1), Andrea Marie Pichel, Daniel Fernández, Bruno Vázquez (4), André Giráldez, Álvaro Preciado, Carlos Veloso, Javier Figueroa, David Fonseca (4), José Leiras (3), Daniel Gonçalves, Francisco José Rey (1), Andrés Vila (4) e Roi Adrián Alfeirán (2).

Infantil feminino

Asturias, 28- Galicia, 24. Asturias dominou o partido de principio a fin grazas a unha moi boa defensa 3:3. Con iso conseguiu que o rival cometese moitos erros que, xunto ás moitas perdas non forzadas de Galicia, fixo que as galegas sempre estivesen por debaixo do marcador. Na segunda parte mantívose a tónica ata os minutos finais onde as galegas conseguiron reducir as diferenzas. Sen dúbida unha derrota que deixa un mal de sabor de boca á selección galega xa que poderían ter feito máis. Primeira perda desta selección que loitará mañá contra Castela e León (9:00 horas, Ribadumia).

Galicia: María Pereira (3), Julieta Álvarez (1), Paula Barciela (5), Uxía Ferreiro, Elia Dávila (1), Sandra Sánchez (1), Ruth Sánchez (1), María Álvarez (1), Zara Barrios (3), Fátima Fernández, Andrea Fernández, Ainoa Da Rocha (2), Uxía López (3), Begoña Otero, Sara Domínguez (1), Raquel Sineiro (2).

 

7 de decembro de 2013 | 22:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.