Ourense renovará os medios técnicos e materiais do departamento de Tráfico e Policía Local
A Xunta de Goberno Local acordou, na súa xuntanza desta mañá, a contratación da suministración dunha motocicleta e e un vehículo para o servizo de Policía Local, cun custe de 31.000 euros. Este acordo enmárcase nun plan de melloras que o Concello de Ourese está a acometer na Concellería de Tráfico e Policía Local, entre as que se inclúen renovar o equipamento e posta en marcha do funcionamento dunha rede dixital de telecomunicacións en sustitución da anterior analóxica, así como implementar os medios de transporte empregados.
Adquisición de novos vehículos para a Policía Local
O Concello procederá a formalizar os contratos para a adquisición dunha nova motocicleta e a suministración dun novo vehículo para a Policía Local, melloras que responden á necesidade de que as forzas policiais estean dotadas de medios que permitan unha rápida operatividade a fin de prestar un servizo o máis eficiente posible á cidadanía.
Actualmente, o parque móbil da Policía local conta con 4 motocicletas e 4 scooter, polo que se fai necesaria, para a prestación óptima do servicio, segundo os informes técnicos, a adquisición dunha nova motocicleta, xa que os demáis vehículos cos que contan, non suplen as vantaxes de circulación urbana que presentan as motocicletas. O vehículo policial axustarase ás seguintes prescripcións técnicas: sistema ABS, motor de gasolina a catro tempos cunha cubicaxe de 645 cc, e co equipamento especial previsto pola Orde de 19 de decembro de 2010 da Consellería de Presidencia, e cun custe non superior aos 11.985 euros.
Así, adquirirase un novo vehículo modelo Peugeot 208 Active HDI, co equipamento e demáis características e prescripcións técnicas.
Posta en funcionamento dunha rede dixital de comunicacións
Por outra banda, na Concellería de Policía Local estase a tramitar o expediente para renovar o equipamento e posta en marcha do funcionamento dunha rede dixital de telecomunicacións en sustitución da anterior rede de comunicacións analóxicas existentes. Cunha inversión de 50.000 euros, inclúese o novo material, o seu equipamento, posta en funcionamento, mantemento, e as obras necesarias para por en funcionamento o novo sistema.
Este novo sistema incluirá repetidores con tecnoloxía dixital, unha estación base con tecnoloxía dixital, renovación de equipos portátiles, coa adquisición de 3 radioteléfonos con tecnoloxía dixital, display e teclado para mandos, 51 radioteléfonos portátiles con módulo gps integrado, nova monitorización GPS, empregando o estilo cartográfioco de Google Maps, ou similar, que proporcione o posicionamento e rexistro do usuario ou usuaria en tempo real, soporte distintos formatos de mapas, petición de posición automática e rutas predefinidas.
Óptase pola tecnoloxía DMR, Digital Mobile Radio, pola súa maior eficiencia, disponibilidade de espectro, elevada eficiencia enerxética, melloras de audio e cobertura e a flexibilidade do seu estándar permite a súa adaptación a novas aplicacións.
Así, procederase á conexión do sistema actual de grabación coa súa renovación dixital e revisaranse as antenas, cableado, elementos de conexión ubicados na sede da Policía Local, procedendo a remplazar aqueles elementos que sean susceptibles de producir melloras na recepción de sinais.
A radio dixital ofrece numerosas vantaxes con respecto á analóxica, como a maior calidade de voz e a súa maior velocidade, mellora a privacidade, posúe características avanzadas de control de chamadas e a capacidade de integrarse fácilmente tanto en sistemas de datos coma en sistemas de posicionamento global, coma GPS ou Galileo. Este sistema permite cubrir as necesidades actuais e futuras, xa que ao atoparse en pleno desenvolvemento e evolución, permite a incorporación de novos servizos.
Unha vez en funcionamento o novo sistema, os membros da Policía Local recibirán unhas xornadas de formación relacionadas co manexo e mantementos do novo sistema de telecomunicación.
Rehabilitación edificio da Policía Local
O Concello, no marco das actuacións de mellora dos medios técnicos e materiais na Policía Local, está a desenvolver o proxecto de acondicionamento e mellora do inmoble no que se ubican as dependencias policiais. Segundo datos dos informes realizados polos técnicos da Concellería de Urbanismo, observáronse unha serie de deficiencias no edificio, sito na rúa Victoria Kent, nº1, que se procederán a solventar co proxecto de acondicionamento e reparación do inmoble. Así, o Concello está a dar os pasos necesarios para a súa tramitación, agardando dar comezo ás obras en febreiro de 2014.
O proxecto contempla a pavimentación dos patios interiores, o suministro e colocación de plaqueta nos exteriores, sustitución das escaleiras para o acceso ás terrazas, limpeza e reparación e tratamento da madeira exterior e rehabilitación dos interiores coa reposición e posta en servizo das portas dos calabozos, reparación de elementos deteriorados, cambio de pechaduras e repintado do inmoble, e a reparación do chan, os teitos e humidades.
O Concello realizará unha inversión de máis de 40.000 euros coa que se pretende recuperar o estado óptimo do inmoble, tras o seu deterioro derivado do paso do tempo.











