publicidade hoxe

Ourense prepara unha reunión para tratar propostas sobre a Capitalidade Cultural do Eixo Atlántico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O vindeiro sábado día 14 terá lugar unha nova reunión do Consello Municipal da Cultura que está presidido pola concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido. Nesta xuntanza abordarase sobre todo o tema da capitalidade cultural do Eixo Atlántico, que neste 2014 correspóndelle a Ourense.

Esta reunión é totalmente aberta, e a ela están convocadas entidades e asociacións que conforman todo o tecido cultural da cidade, co que se pretende que sexa o máis ampla posible e así poder achegar propostas que veñan a completar a importante oferta cultural na que fai tempo que traballa o departamento de Cultura. As asociacións recibirán estes días unha carta na que son convidadas a participar desta xuntanza que comezará a partir das 12 h no Auditorio Municipal.

10 de decembro de 2013 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.