Ourense convoca o XVII concurso de Beléns Públicos aberto a todas as asociacións e particulares da cidade
A Xunta de Goberno Local, acordou na súa xuntanza desta mañá, aprobar as bases para o XVIII concurso de Beléns Públicos da cidade no que poderán participar todas as asociacións de veciños e veciñas, culturais, agrupacións de calquera clase, colexios e particulares pertencentes ao municipio ourensán.
As obras teñen unha temática completamente libre e estarán á vista e abertos ao público, así como en aqueles lugares de acceso máis difícil, coma colexios ou casa, a apertura será coma mínimo de dúas horas ao día dentro do horario comercial e deberán estar sinalizados cun cartaz no exterior do edificio.
O Xurado, composto por 5 membros, visitará os beléns os días 18 e 19 de decembro para a súa calificación que se fará pública o día 20. Valoraranse os elementos empregados, os efectos de luz e auga e o seu valor artísitco, histórico e/ ou relixioso.
O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o venres día 13. Haberá un primeiro premio de 450 euros, un 2º de 240, 3º de 180 e un premio especial infantil por importe de 120 euros, así coma 6 accesits de 60 euros cada un.
Segundo as bases aprobadas, todos e todas os interesados en participar poden inscribirse na Concellería de Cultura (Auditorio Municipal, rúa da Canle 2), no teléfono 988 391 290, no fax 988 232 577 ou enviando un email ao aderezo electrónico cultura@ourense.es.
O Concello suscribe 20 convenios de colaboración con outras tantas entidades sociais da cidade
A Xunta de Goberno Local, acordou na mesma xuntanza, aprobar 20 convenios de colaboración con asociacións e entidades do eido do benestar social da cidade de Ourense. O Concello destinará 152.274 euros entre 20 asociacións para axudar e apoiar o seu funcionamento e pola labor cotiá esencial que esas entidades desenvolven na nosa cidade, a través das actividades que realizan ao longo do ano e os servizos que prestan aos seus asociados e á sociedade ourensá en xeral.
Comisión de Pleno Extraordinaria
A Comisión de Pleno ditaminou favorablemente, na súa xuntanza desta mañá, con votos a favor do PSOE e abstencións dos grupos municipais de PP, BNG e DO, rexeitar a recusación do Alcalde do Concello de Ourense, plantexada no marco do expediente de autorización de compatibilidade solicitada por un funcionario municipal e do recurso de reposición contra o acordo de revisión de oficio do Acordo Regulador das condicións de traballo dos empregados públicos do Concello de Ourense, por non existir “cuestión litixiosa pendente” nos termos do artigo 28 da Lei 30/1992, de 26 de novembro.