Ourense aproba a adhesión á Asociación Española de Destinos para a Promoción Turística Gatronómica “Saborea España”
A Comisión de Pleno desta mañá, deu o visto bo á inclusión no vindeiro Pleno ordinario da adhesión do Concello de Ourense á Asociación Española de Destinos para a Promoción do Turismo Gastronómico- Saborea España, con votos a favor do grupo municipal do PSOE e a abstención de PP, DO e BNG.
Así, ditaminouse favorablemente aprobar esta adhesión, facultar á concelleira de Turismo, Mónica Vázquez, para a realización de todos aqueles trámites que fosen precisos para formalizar a mesma e para que actúe en calidade de membro da asociación. Así coma se recoñece a obriga por importe de 11.000 euros a favor da Asociación, en concepto de cuota de adhesión e cuota anual.
Esta asociación está composta por 5 entidades de ámbito nacional: FEHR (Federación Española de Hostalería), a Asociación Española de Promoción de Destinos Gastronómicos, Eurotoques (Organización formada por chefs de refutado prestixio), Facyre (Federación de cociñeiros e reposteiros de España) e paradores de turismo. Os 5 socios permitiron o nacemento da rede “Saborea España” na que se tenta potenciar o papel da gastronomía coma atractivo turístico e a transformación de productos gastronómicos en experiencias únicas e especializadas e na que o Concello de Ourense desenvolvería o papel da cidade de Ourense coma destino turístico de natureza gastronómica
Abre o plazo de enmendas da Ordenanza de Limpeza
Doutra banda, a Comisión acordou ditaminar favorablemente abrir o prazo de enmendas ao proxecto de modificación da ordenanza municipal de limpezas, polo que se abrirá un prazo de 10 días, tal e como se contempla na normativa vixente.











