Os xogadores do Azkar Lugo, Rubén Mouriz, Adrián e Asier son convocados coa selección galega sub-19

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLugo
A-
A+

O seleccionador galego sub-19 de fútbol sala, Mon Barreiro, convocou a tres xogadores do Azkar Lugo FS de cara á disputa da primeira fase do Campionato de España de Seleccións Territoriais que se disputará este fin de semana, sábado 28 e domingo 29 de decembro, na sede de Las Rozas (Madrid). Os tres xogadores do club lucense convocados entre os 12 que finalmente o técnico elixiu son: Rubén Mouriz Pena, Adrián González Varela e Asier González Núñez.

A selección galega terá como rivais dentro do grupo D a Extremadura e Madrid e só o primeiro deste grupo conseguirá o pase para a fase final do Campionato de España que se disputará do 28 ao 30 de marzo do 2014.

Lista de convocados
Estes son os 12 convocados por Galicia:
– Aaron Dacosta Lorenzo (Carballiño FS).
– Helder Gonçalves Semedo e Erik Campo Vázquez (Burela Pescados Rubén).
– Ismael Vázquez Villares (Vilalba FS).
– Alberto Fernández Domínguez, Samuel Fernández Vilas e Adrián Torres Giadas (Santiago Futsal).
– Rubén Mouriz Pena, Adrián González Varela e Asier González Núñez (Azkar Lugo FS).
– Miguel Ángel Rodríguez López (Grupo Ganain CD Beade).
– Martín Rodríguez Neira (AD Barval FS).

Competición
Sábado 28/12:
11:00 horas: Extremadura – Galicia (Polideportivo San José).
Domingo 29/12:
11:00 horas: Galicia – Madrid (Polideportivo San José).

26 de decembro de 2013 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.