Os veciños de Ordes reúnen 500 quilos de tapóns para a campaña da nena coruñesa Lola
O Concello de Ordes fixo entrega hai escasos dous días de preto de 500 quilos de tapóns de plástico para a campaña de recadación de fondos para a nena Lola. Unha pequena rapaza coruñesa que padece unha parálise cerebral cuxo tratamento é altamente custoso, polo que os seus familiares emprenderon esta iniativa. No caso de Ordes esta recollida foi realizada pero maiormente polos veciños e veciñas, que depositaron os seus tapóns nos contedores ubicados na Casa Consistorial.