publicidade hoxe

Os turoperadores de España e Portugal que visitaron Ferrol destacan a singularidade da ruta naval e das Meninas de Canido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolGalicia exteriorLocal Portada
A-
A+

A concelleira de Turismo do Concello de Ferrol, María del Carmen García Fraga, fixo balance esta mañá do viaxe de familiarización ou fam trip que reuniu, entre os días 12 e 14 de decembro, a vinte turoperadores e axencias maioristas de España e Portugal na cidade naval. O Concello de Ferrol, en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, organizou esta proposta enmarcada dentro do “Plan para a mellora da competitividade turística” asinado entre as administracións. Esta iniciativa pretende a comercialización de paquetes turísticos dirixidos ao turismo cultural, industrial, de natureza, negocios, familiar, gastronómico e deportivo para o vindeiro ano 2014.

A edil de Turismo sinalou que este viaxe de familiarización tiña como obxectivo dar a coñecer Ferrol “foi moi positivo e espero que repercuta favorablemente a medio ou longo prazo na nosa cidade”. Este grupo de grupo de expertos en turismo a nivel nacional e un deles portugués, percorreron durante tres días os recursos turísticos da cidade naval, tanto culturais como patrimoniais ou naturais. Segundo explicou a concelleira ferrolá, que acompañou ao grupo durante dous días, os vinte participantes no fam trip destacaron a beleza das praias de Ferrol e as óptimas condicións das mesmas para a práctica do surf. Neste senso, na xornada do sábado 14, visitaron os areeiros de Doniños e San Xurxo onde os expertos en turismo experimentaron a súa “primeira onda ou bautismo de surf” e que cualificaron como unha experiencia fantástica e inolvidable.

Así mesmo, as instalacións do Arsenal Militar e Navantia tampouco os deixou indiferentes e destacaron o contido único que ofrece a Exposición Nacional da Construción Naval. O percorrido polas Meninas do barrio de Canido chamou a atención dos expertos turísticos, tanto as pinturas como o mobiliario urbano acorde á temática. “Algún dos invitados sinalou o carácter diferenciador da proposta” engadiu a concelleira de Turismo. Así, os vinte participantes tamén gozaron da excelente calidade dos produtos gastronómicos máis representativos en establecementos ferroláns. María del Carmen García Fraga concluíu dicindo que “a nosa cidade non deixou indiferentes a ninguén, xa que temos moito potencial tanto en turismo de negocios como vacacional”.

16 de decembro de 2013 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.