publicidade hoxe

Os traballos de asfaltado en tres viais de Mos melloran as súas condicións de seguiridade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

O Concello de Mos está a rematar as obras de mellora da pavimentación nos camiños dos Santos Reis, Pozas do Monte e do Seixo, financiadas pola administración provincial ó estar incluídas no PID, Plan de Investimentos e Gastos Correntes da Deputación de Pontevedra.

As obras teñen un orzamento total, IVE incluído, de preto de 300.000 euros e consisten na rehabilitación do firme existente nas tres zonas de actuación. No Camiño dos Santos Reis, na parroquia de Pereiras, renovouse e regularizouse o asfalto nunha lonxitud aproximada de 200 metros. Pola súa banda, no Camiño de Pozas do Monte, o máis longo dos tres cunha lonxitude de máis de dous kilómetros e situado na parroquia de Torroso, rehabilitouse o firme e renovouse e capa de rodadura. E por último, no Camiño do Seixo na parroquia de Tameiga renovouse tamén a capa de rodadura nunha lonxitude de 700 metros. En total máis de tres kilómetros de mellora de estradas municipais que representarán un beneficio notable en materia de optimización da seguridade vial tanto de conductores coma de peóns.

Ademais da reposición do firme, os tres viais requeriron da realización de actuacións previas consistentes no despexe e desbroce das marxes laterais e dos sistemas de drenaxe lonxitudinal, así coma a limpeza de grosos con barredora. Tras estes traballos previos procedeuse, nos tres camiños, á rehabilitación e renovación do firme co obxecto de restaurar e mellorar as características superficiais do pavimento. Dependendo do estado dos perfís lonxitudinal e transversal dos diferentes tramos de cada camiño empregáronse dous tipos de procedementos de rehabilitación superficial: a renovación do firme, adherencia neumático-pavimento e a regularización superficial. O primeiro procedemento levouse a cabo nos tramos nos que se dispoñía dun máis adecuado perfil lonxitudinal e transversal do firme, así coma unha suficiente capacidade estructural do mesmo. No segundo caso empegouse, para corrixir as deficiencias de regularidade superficial, a combinación de técnicas de eliminación e recrecemento.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Vías e Obras, Alberto Méndez, que visitaron esta mañá as obras que se atopan xa moi avanzadas e preto de ser finalizadas, declaráronse “satisfeitos cos resultados das mesmas e coas consecuencias positivas para a seguridade vial nestes tres camiños que conlevarán estes traballos”, manifestaron.

11 de decembro de 2013 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.