Os Reis Magos visitarán os colexios San Isidro e Maciñeira de Neda
Os Reis Magos responderon positivamente á invitación cursada polo Concello de Neda para visitar os centros educativos da localidade e mañá venres atenderán as peticións e desexos do seu alumnado. Así, durante toda a mañá, os nenos e nenas do colexio San Isidro e Maciñeira poderán disfrutar da presenza das súas maxestades de Oriente e compartir con eles un almorzo especial a base de zumes e galletas (adaptado tamén aos nenos e nenas celiacos).











