publicidade hoxe

Os Reis Magos visitarán o CEIP da Barqueira en Cerdido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdido
A-
A+

Os Reis Magos de Oriente visitarán mañá o colexio CEIP da Barqueira para recoller as cartas escritas polos nenos/as de Cerdido, coas súas peticións para o próximo día de reis. Estarán no cole a partir das 11:30 ou 12 horas. O Concello de Cerdido ten preparadas algunhas actividades para os rapaces como talleres e contacontos de nadal. Os reis tamén veñen cargados de sorpresas e agasallos para os rapaces. A visita real tamén conta coa colaboración da Comisión de festas da Barqueira do ano 2013. As súas maxestades abandoarán o centro educativo sobre as 13:00 horas.

19 de decembro de 2013 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.