Os profesionais do sector póñense ao día en telecomunicacións con Instalectro
A actualización da normativa técnica de radio e televisión para adecuala á TDT, ou un repaso ás novas redes a través das ICTS (infraestruturas científico-técnicas singulares) para o acceso dos servizos da telecomunicación, foron algúns dos temas que se impartiron nesta xornada, que contou coa presenza de Raúl Fernández Tombilla, Xefe Provincial de Inspección de Telecomunicacións en Ourense e dos técnicos de Televes Manuel Parajuá e Javier Vara.
Conceptos de plena actualidade como a inmótica ou automatización de edificios e a urbótica ou integración da tecnoloxía no deseño intelixente dunha cidade, foron tamén explicados polos relatores, que se detiveron igualmente en explicacións do fogar dixital e as Smart cities. Finalmente, abordaron tamén cuestións que teñen que ver coa lexislación vixente, como a documentación relativa ás instalacións ou as inspeccións técnicas.
A xornada, que tivo lugar na CEO, ofreceu aos instaladores eléctricos a adaptación aos continuos cambios tecnolóxicos que se dan en vivendas no campo das infraestruturas de telecomunicacións.











