publicidade hoxe

Os orzamentos do Concello de Cervo foron aprobados definitivamente e publicados no BOP

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+

Os orzamentos do Concello de Cervo para 2014 entraron esta fin de semana en vigor, despois de cumprir con todos os trámites fixados, dende a aprobación inicial, a exposición ao público, a resolución de alegacións, a aprobación definitiva e a publicación no BOP este pasado sábado. Todo isto en tempo, xa que cada un dos pasos fóronse realizando dentro dos prazos fixados na Lei de Facendas Locais, que establece que as contas deberán ser publicadas antes do inicio do exercicio, neste caso antes do 1 de xaneiro.

Así, o Concello cumpre co seu obxectivo de levar as contas ao día. De feito, esta é a primeira vez que a administración local ten aprobados os orzamentos de forma definitiva e publicados antes da entrada do novo exercicio. Unha situación “que demostra a boa planificación e xestión económica que se está realizando dende o Concello” asegura Pedreira.

Ao mesmo tempo, cabe destacar as liñas básicas deste orzamento, que ascenden a 5,1 millóns de euros, como son a non subida dos impostos por segundo ano consecutivo, o déficit cero, a estabilidade orzamentaria e certas partidas, como a de emprego, que se triplica este ano para chegar aos 100.000 euros para o plan de fomento do emprego xuvenil.

30 de decembro de 2013 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.