publicidade hoxe

Os máis pequenos celebraron as festas de Nadal con deporte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O pasado xoves, os dous grupos de psicomotricidade e os dous equipos de prebenxamíns da Fundación Azkar, despediron o curso por este ano 2013 e fixérono celebrando o Nadal con deporte, cunha xornada no que un Torneo Multideporte fixo as delicias dos máis pequenos. Sen ningunha dúbida un bo xeito para durante tres horas compaxinar a actividade física co lecer, o compañeirismo e a diversión.

Nesta actividade, na que a Fundación Azkar contou coa colaboración de monitores do Centro infantil Galwy (San Roque, 4 – baixo – Lugo), os alumnos destes catro equipos puideron gozar cun hinchable, partidos de fútbol sala, concursos de habilidade e moitas actividades que lles fixeron pasar uns momentos de diversión. A tarde finalizou cunha merenda conxunta entre todos os nenos asistentes así como cun partido ante os seus adestradores.

23 de decembro de 2013 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.