Os maiores do Taller de Memoria de Tállara cantan panxoliñas aos cativos do PAI e da Escola Infantil da parroquia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+
Os maiores cantando panxoliñas

Os maiores cantando panxoliñas

O Concello de Lousame celebrou esta mañá a segunda edición do Encontro Interxeracional de Panxoliñas. As sete integrantes do grupo de maiores do Taller de Memoria de Tállara ofreceron un pequeno concerto de panxoliñas aos nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia (PAI) e da Escola Infantil Sanguiñal da propia parroquia de Tállara, así como aos usuarios e usuarias do centro de día de Lousame.

O encontro comezou ás 11:15 horas na gardería, para seguir tres cuartos de hora máis tarde na escola infantil. En ambos casos as alumnas do Taller de Memoria interpretaron un repertorio de catro panxoliñas, acompañadas de instrumentos tradicionais como pandeiretas, cunchas, botellas, etc.. Ao remate do concerto, os rapaces tiveron ocasión de aprender como de tocan eses documentos e as súas mestras destacaron que as interpretacións deste ano estiveron moito mellor ca o ano anterior. A xornada rematou no centro de día de Lousame, onde as mulleres do Taller de Memoria de Tállara ofreceron tamén un pequeno concerto cos usuarios da instalación.

17 de decembro de 2013 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.