Os maiores de Ames gozaron coa música e a chocolatada organizada polo Concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+
Participantes na chocolatada

Participantes na chocolatada

O pavillón deportivo de Bertamiráns acolleu este venres, 27 de decembro, unha sesión de baile, que estivo dirixida aos maiores de Ames na que houbo chocolatada e música en directo. Esta actividade, que estivo organizada pola Concellería de Asociacionismo, Voluntariado e Maiores, desenvolveuse durante toda a tarde e estivo amenizada por Miguel Torres e Luís Rey. O alcalde de Ames, Santiago Amor; a concelleira de Voluntariado e Maiores, María Carmen Verde; o concelleiro de Urbanismo, ALfredo Taboada, e o concelleiro de Educación, Bernardo Moar, tamén asistiron a este evento que se enmarca dentro da programación cultural do Nadal 2013.

Chocolate e baile cos nosos maiores, baixo este este lema o Concello de Ames organizou por segundo ano consecutivo unha sesión de baile no pavillón polideportivo de Bertamiráns. Esta actividade forma parte da completa programación deseñada polo Concello de Ames para o Nadal 2013, na que hai actividades para todos os públicos.

Neste evento, que estivo dirixido aos maiores do municipio, houbo música e chocolate con rosca. Os participantes puideron gozar da música de Miguel Torres e Luís Rey. Dende as 18:00 horas Miguel Torres e Luís Rey deleitaron aos asistentes con varias pezas musicais para que se fose animando o ambiente. De seguido fíxose o reparto do chocolate e da rosca. Todos os veciños e veciñas puideron gozar dun chocolate quente e dun pedazo de rosca. Unha vez rematada a merenda, continuou a música.

28 de decembro de 2013 | 22:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.