Os estacionamentos entre a rotonda de Luz Salgada e a Glorieta da Mariña Española deben quedar libres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A campaña intensiva de limpeza de rúas afecta mañá, xoves, a unha das principais arterias de comunicación da cidade: a Avenida Rodrigo de Mendoza. O Concello prega a máxima colaboración dos condutores e usuarios dos aparcamentos desta rúa para facilitar as labores do persoal municipal e do uso da maquinaria de Cespa, advertindo que os estacionamentos deben quedar libres a primeira hora da mañá.

Para interferir o menos posible na circulación rodada, primeiro limparase un carril da calzada e logo o outro. Os traballos comezarán na rotonda da Luz Salgada ás 7 da mañá para continuar cara Doutor Tourón ata as 10. A partir das 10 realizarase a limpeza no carril contrario, dende a Glorieta da mariña Española ata a rotonda da Luz Salgada.

A actuación do venres será menos complicada no que ao tráfico se refire xa que afecta a rúas de moita menos intensidade. Entre as 7 e as 10 da mañá limparanse as rúas Valladares, Blanco Amor, Merlo e Xílgaro, e desde as 10 e ata as 13 horas as máquinas emplearanse a fondo na Avenida das Carolinas (no tramo comprendido entre as rotondas da Luz Salgada e de Larsa) e nas rúas A Coca, Bubela e Florida.

11 de decembro de 2013 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.