Os establecementos hostaleiros de Ames poderán abrir unha hora máis nas festas do Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

Os locais hostaleiros situados no municipio de Ames poderán ampliar o seu horario de peche nunha hora durante os días 24, 28 e 31 de decembro, así como o 5 de xaneiro con motivo das festas do Nadal debido ás xestións realizadas polo Concello de Ames ante a delegación territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Ante as solicitudes presentadas por varios establecementos hostaleiros de Ames para poder ampliar unha hora o seu horario de apertura durante as festas, o Concello realizou as xestións necesarias ante a Administración autonómica para acadar este permiso. A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza vén de comunicarlle ao Concello a concesión da ampliación dunha hora sobre os horarios límites de peche dos establecementos públicos de Ames durante os días 24, 28 e 31 de decembro, así como o 5 de xaneiro con ocasión da celebración do Nadal.

20 de decembro de 2013 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.