publicidade hoxe

Os centros educativos do Concello de Tui imparten talleres de educación intercultural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

A Oficina de atención a inmigrantes e emigrantes retornados da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui informa que comezan nestes días a impartición  duns Talleres de educación intercultural co alumnado de 6º de primaria dos centros educativos do noso municipio. Estra actividade terá lugar entre os días 2 e 13 de decembro, na que participarán cerca de 200 alumnos.

Esta actividade está financiada polo Concello de Tui, e con ela preténdese promover a comprensión e o respecto das diversas culturas coas que os nenos e nenas conviven na actualidade, derrubar prexuízos culturais e fomentar actitudes positivas ante o feito da diversidade entre a poboación escolar, facilitando a convivencia intercultural.

Dende este departamento quérese agradecer ós centros escolares o interese amosado polo desenvolvemento desta actividade, xa que esta sociedade tan diversa na que vivimos ten o seu reflexo nas aulas, e lograr que esta diversidade sexa enriquecedora e non unha fonte de conflitos é un desafío para todos e un obxectivo que debemos afrontar.

A Oficina de atención a inmigrantes e emigrantes retornados da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui atende ao público diariamente na Casa do Concello de Tui ou a través do teléfono 986.603625.

2 de decembro de 2013 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.