Os bombeiros de Pontevedra organizan unha xornada de portas abertas “á solidariedade”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Servizo de extinción de incendios organiza o vindeiro 29 de decembro, unha xornada de portas abertas coa finalidade de pór o seu gran de area á Campaña de Nadal de recollida de alimentos e xoguetes que nestas datas realizan distintas entidades, asociacións e, incluso, departamentos do Concello de Pontevedra.

Toda a plantilla dos Bombeiros de Pontevedra acordaron realizar esta iniciativa, pensada para todos os públicos para despois donar todo o recibido á rede Redeaxuda que redistribuirá estas contribucións entre as entidades do ámbito social da cidade. A xornada de portas abertas será o domingo, 29 de decembro entre 09.30 e as 14.30 horas no Parque de bombeiros. As persoas que acudan poderán ver todo o parque móbil así como as instalacións, guiados polos profesionais que alí traballan.

Tamén contarán coa colaboración coa Policía Local e a Garda Civil. A Policía colaborará cos bombeiros para a xestión do tráfico de cara ao acceso ao parque, e a Garda Civil ofreceu o estacionamento situado diante da Comandancia –no caso de haber ocos libres- para uso dos visitantes. Ás persoas que desexen coñecer as instalacións, os bombeiros solicitaranlles unha sinxela contribución: achegar algún alimento ou xoguete de tal xeito que o Parque de Bombeiros se convirta nun canalizador das achegas que os cidadáns queiran facer a esta Campaña de Nadal.

16 de decembro de 2013 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.