publicidade hoxe

Os Armadores de Vigo consideran que a moratoria do arrastre e o aumento de cotas suporán máis emprego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+
E.P.

A Cooperativa de Armadores de Vigo manifestou este venres o seu convencemento de que as últimas noticias que afectan o sector, o aumento de TACs e cotas, e a moratoria para as artes de arrastre, traduciranse “de inmediato” nun aumento de emprego no sector pesqueiro vigués, ademais da “consolidación” dos postos de traballo que xa existen.

Así o sinalou o presidente da cooperativa, Javier Touza, quen cualificou de “boas noticias” as últimas decisións da UE con respecto aos TACs e ao arrastre, pola repercusión directa que terá na flota con base no porto de Vigo.

Segundo apuntou Touza, esas decisións pon de relevo que as autoridades europeas consideran que a flota española e galega é “a máis sustentable e eficiente”. “Temos unha segunda oportunidade”, apuntou, en referencia tamén a outras novidades en sectores como o naval ou a automoción.

O xerente da cooperativa, José Ramón Fortes, subliñou que as decisións do consello de ministros de pesca da UE axudan a “frear” a “presión tan grande” de Bruxelas sobre a flota española, que “obrigaba a unha reestruturación case permanente”.

Segundo Fortes, os números “dan a razón” ao sector pesqueiro español e galego, e lembrou que “no Norte non fixeron os deberes”, en referencia a pesqueiras como o bacallau ou o carboeiro, que seguen sometidos a redución porque non se recuperan.

BLUE FISH

Os representantes dos armadores realizaron estas manifestacións nun acto que tivo lugar na sede da Autoridade Portuaria, onde o presidente do Porto, Ignacio López-Chaves, anunciou a incorporación do organismo portuario vigués á asociación Blue Fish, a asociación europea para a promoción da pesca sustentable e responsable.

O presidente do Porto subliñou o traballo do organismo en favor da pesca sustentable, así como a súa implicación nas actividades que fan da terminal un “porto verde”. Pola súa banda, José Ramón Fortes, sinalou é un “contrapunto” á política pesqueira europea, até agora “moi nesgada cara á parte biolóxica”.

20 de decembro de 2013 | 13:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.