Os apicultores do Carballiño sitúanse na elite galega
A apicultora María Munín Taboada, fincada desde hai anos no Carballiño, leva cultivando éxitos nas catas anuais de Meles de Galicia desde o ano 2005 no que conseguiu o 5º posto, pasando por un ouro no 2006, dous bronces en 2007 e 2010, unha prata no 2008 e un novo quinto posto no 2012.
A explotación apícola de Munín Taboada está situada na zona de Zobra, onde desde hai anos coida os enxames onde as abellas elaboran estes meles. A zona de Zobra conta con numerosas explotacións apícolas, ao contar cun clima e unha flora peculiar que fai distinta a o mel alí elaborado.











