publicidade hoxe

Os alumnos do Conservatorio de Vilagarcía realizan a primeira quenda de audicións públicas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía iniciou hoxe a primeira das tres quendas de audicións públicas que deberán realizar os seus alumnos ao longo do curso. As interpretación abertas a calquera persoa que desexe asistir desenvolveranse durante toda a semana que ven e o seu obxectivo é que os músicos noveis vaian adquirindo soltura e destreza nas interpretacións ante un auditorio.

Nestas audicións, o alumnado do centro interpreta as obras do repertorio que se traballaron ao longo do trimestre. Hai obras para solistas, con acompañamento pianístico e outras para Música de Cámara ou Conxunto.

Ao longo do curso académico 2013-14 todo o alumnado do centro ten a obriga de realizar un mínimo de dúas audicións públicas. O centro organiza tres convocatorias anuais correspondentes a cada un dos trimestres e é o profesorado de cada materia o encargado de decidir si os seus alumnos participan en dúas ou nas tres audicións.

O obxectivo que se persegue coa organización das audicións trimestrais é que todos os alumnos aumenten progresivamente a capacidade de tocar en público coa máxima calidade, controlando todas aquelas cuestións referidas á técnica e á interpretación dunha obra musical. Así figura en todas as programacións didácticas do centro e é un requisito indispensable que deben cumprir ao longo do curso.

Calendario e horarios:

– Venres 13 de Decembro de 2013
Ás 16:00 horas na Aula 2.1. : Audición do alumnado de PIANO da profesora Vladimira Smausova

– Luns 16 de Decembro de 2013
Ás 18:00 horas na Aula 2.1.: Audición do alumnado de VIOLÍN do profesor Pablo Vidal.
Ás 18:30 horas na Aula 1.8.: Audición de CONXUNTO DE PIANO do profesor Juan M. Carou.
Ás 20:00 horas na Aula 2.1.: Audición do alumnado de TROMPA do profesor Esteban Quintas.

– Martes 17 de Decembro de 2013
Ás 16:00 horas na Aula 2.1.: Audición de CLARINETE e alumnado de MÚSICA DE CÁMARA da especialidade de CLARINETE do profesor Iván Maia.
Ás 18:00 horas na Aula 2.1.: Audición do alumnado de MÚSICA DE CÁMARA do profesor Jorge M. Ferreira.
Ás 19:00 horas na Aula 2.1.: Audición do alumnado de TROMPETA do profesor Jorge M. Ferreira.
Ás 17:30 horas na Aula 2.3.: Audición do alumnado de PERCUSIÓN da profesora Sandra López.
Ás 18:30 horas na Aula 2.3.: Audición do alumnado de GUITARRA da profesora Mª Begoña González.

– Mércores 18 de Decembro de 2013
Ás 18:00 horas na Aula 2.1.: Audición do alumnado de TROMBÓN e BOMBARDINO do profesor Nicolás Leiro.

– Xoves 19 de Decembro de 2013
Ás 16:00 horas na Aula 1.4.: Audición do alumnado de PIANO da profesora Rosina Sobrido.
Ás 18:00 horas na Aula 2.3..: Audición do alumnado de  GAITA e CONXUNTO de GAITAS do profesor Cristian Silva.

– Venres 20 de Decembro de 2013
Ás 17:00 horas na Aula 2.1.: Audición do alumnado de FRAUTA do profesor Jesús L. González.
Ás 19:30 horas na Aula 2.1.: Audición do alumnado da profesora Susana Blanco; INICIACIÓN, MÚSICA DE CÁMARA E VIOLONCHELO.

13 de decembro de 2013 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.