Os alumnos da Fundación Torre de Lemos celebra unha sesión plenaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

Este mércores día 4 de decembro, alumnado de quinto e sexto de primaria do colexio Fundación Torre de Lemos achegarase ata o Concello para celebrar unha  especial sesión plenaria.

Rapaces e rapazas deste centro educativo levan días preparando un pleno no que debaterán diversas propostas e coñecerán o funcionamento dunha corporación municipal.

O alumnado distribuirase en tres grupos diferenciados, con igual número de concelleiros/as que os que teñen actualmente os as tres formacións políticas que conforman a corporación monfortina.

A sesión plenaria desenvolverase a partir das 10:30 horas e, unha vez rematada, o alcalde conversará cos rapaces e rapazas sobre o desenvolvemento dos plenos e a normativa que os regula.

2 de decembro de 2013 | 13:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.