publicidade hoxe

Orozco reúnese con dous representantes dunha das universidades referentes dos Paises Baixos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Orozco na reunión cos representantes universitarios

Orozco na reunión cos representantes universitarios

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá ao Vicerreitor do Campus de Lugo, Pedro García Herradón, acompañado por Mr. Peter Zuurbier e Mr. Willem Timmermans, representantes da Universidade de Wageningen un dos referente dos Países Baixos. Estes investigadores explicaron como a súa universidade foi capaz de convertirse nun referente en Europa despois de pasar por unha etapa con pouca demanda por parte dos alumnos.

A visita destes profesores está enmarcada nas actuacións de reflexión estratéxica que o Campus de Lugo está a levar a cabo, e que aspira a transformalo nun referente científico e social nos ámbitos de coñecemento vinculados á sostibilidade económica, social e medioambiental do uso da terra.

5 de decembro de 2013 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.