publicidade hoxe

Ordes celebra o seu tradicional Certame de Corais cunha abarrotada igrexa de Santa María

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+
Certame de Corais Ordes

Certame de Corais Ordes

Un ano máis a igrexa de Santa María de Ordes acolleu o seu festival de certame de corais que, como é habitual, organiza a Coral Polifónica de Santa Cruz de  Montaos contando coa colaboración do Concello de Ordes. Unha cita que rexistrou un cheo completo do templo ubicado no centro da vila de ordes e que se lebra celebrando ininterrumpidamento dende hai anos xa.

 Nesta ocasión contouse coa participación da Coral Polifónica Padronesa, a Agrupación Cultural Amigos do Acordeón (Oroso), Coral Polifónica de Santa Cruz de  Montaos e os grupos de pandereteiras Brotes Verdes e Somos Nós. ‘Noel’, ‘Ruliño’, ‘Ding, dang, dong’, ‘Vamos cantando’, ‘Adeste Fideles’, ‘Verbum Caro’, ‘A estrela’, ‘Noche de Paz’, ‘Ven dulce amado mío’, ‘Verbum Caro’, ‘Reises das mozas’, ‘Vinde galegiños vinde’, ‘O meniño Xesús’, ‘A mazurca de Corcoesto’,’ Carabeliños’ e ‘Toca o pandeiro Manuel’ foi o repertorio que se ofreceu a todos os assistentes.

Para rematar o acto os concelleiros de Cultura e de Deportes, Ramón Vázquez e Roberto Iglesias, respectivamente, entregaron unhas placas conmemorativas a representantes de cada agrupación participante.

30 de decembro de 2013 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.