Olimpic e Yidam-Ceip Balaídos proclámanse campións de España de exhibición adultos e infantil de taekwondo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaVigoVilagarcía de Arousa
A-
A+

Os clubs galegos volveron a amosar a súa supremacía na modalidade de exhibición no campionato de España, aínda que este ano houbo cambio nos campións con respecto ao 2012. O Olimpic de Vilagarcía amosou que o seu triunfo no Galego non fora casualidade e confirmouno gañando o Campionato de España adulto, mentres que en infantil o campión de España foi o Yidam-CEIP Balaídos. Ademais, hai que destacar o ouro de Gabriel Tembrás en free style e varias medallas máis en free style e na Copa do Rei de técnica. A primeira xornada dos tres días de competición rematou ás dúas e media da madrugada polo que houbo problemas na comunicación e poden faltar algúns resultados (pedimos desculpas, por anticipado).

Exhibición. Como sucedera no 2012, Galicia copou os podios tanto na categoría infantil coma sénior, cun total de oito medallas galegas. En categoría adultos, o Olimpic, que xa lograra o título galego, volveu impoñerse ao Tao A, que foi segundo. As medallas de bronce foron para o Tao B e o Mace Sport.

Na categoría infantil tamén houbo dominio galego, pero con cambio nas posicións. O Yidam-CEIP Balaídos logrou o título de campión de España cun exercicio moi novidoso e orixinal, mentres que segundo foi o Mac Sport (que defendía o título do 2012). Na terceira posición, Tao A e cuarto, Tao B.

Free Style. Nesta nova modalidade (que combina técnica, acrobacias e música) Gabriel Tembrás segue amosando que se atopa moi cómodo e logrou a medalla de ouro en cadete, mentres que outro galego, Óscar Penín, logrou a medalla de bronce. Ademais, houbo dúas medallas de bronce para a parella cadete formada por Óscar e Lucía Penín e para Paula Chinchilla (+ de 18 anos).

Copa do Rei de técnica. Na Copa houbo unha prata para o trío júnior masculino formado por Óscar Penín, Anxo Costa e Marcos Ángel Silva e varios bronces: Parella cadete (Tembrás-Lucía Penín); Samuel López (cadete masculino); José Cid (máster 1) e Paula Chinchilla (sénior 1 fem.).

A xornada do venres rematou ás dúas e media da madrugada e para hoxe, coa disputa das categorías cadete e sénior do campionato de España de Clubs espérase algo similar, dada a altísima participación.

21 de decembro de 2013 | 15:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.