Oleiros participa nas VIII Xornadas do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade 2013
O Concello de Oleiros organiza, como membro fundador do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, ás VII Xornadas sobre comunicación e cooperación internacional. O evento, que se celebrará mañá na Sala Juanjo Gallo da Deputación provincial da Coruña comezará ás 9.30 horas cun pequeno acto inaugural no que participará Teresa París, presidenta do Fondo Galego e concelleira de Servizos Sociais en Redondela, e Isaura Abelairas, vicepresidenta do Fondo.
Posteriormente, a partir das 10 comezará a charla inaugural impartida por Luís Álvarez Pousa, profesor da USC e director da revista Tempos Novos sobre as estruturas e os desequilibrios da información mundial. Tras varias mesas redondas as xornadas rematarán co simposio A ollada desde o Sur, de Vlademiro Almeida Marçal, xornalista do Jornal Expresso das Ilhas de Cabo Verde, quen será presentado por Alfredo Novoa, tenente alcalde de Oleiros entre 1987 e 2007, e presidente Fondo Galego desde ha súa fundación en 1997 ata 2011.