publicidade hoxe

Oleiros mellora a iluminación en 17 transitados pasos de peóns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros continúa co seu plan de mellora de seguridade viaria. Tras investir máis de 150.000 euros ao longo do pasado ano en un sen fin de importantes obras, a longo dos próximos meses se investirán outros 80.000 euros destinados a abordar obras de seguridade viaria en todo os núcleos de poboación do municipio. Deste xeito, destinarase a reforzar da sinalización viaria e mellora da accesibilidade 60.437,37 euros. Dentro de te programa, ao longo destes días estase a mellorar a iluminación de 17 pasos para peóns de gran tránsito peonil e que poidan entrañar riscos para os viandantes. A esta obra destínanse un total de 18.000 euros.

Os pasos de peóns son un dos puntos máis perigosos das estradas, por unha parte pola vulnerabilidade do peón, e por outra, porque nestes, ademais de Para máis información: Concello de Oleiros: 981 61 00 00 s.fmartinez@oleiros.org atropelos, se rexistran tamén outra serie de accidentes de circulación, como poden ser as colisións por alcances entre vehículos nas súas proximidades. Por iso o Concello subsituirá as lámpadas de vapor de sodio, por outra de tipo led que proporcionan luz branca diferenciando a súa iluminación da do resto da rúa, e mellorando tamén a visibilidade do peón, diminuíndo deste xeito o seu risco.

30 de decembro de 2013 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.