publicidade hoxe

Oleiros homenaxea coas voces de Mini, Mero, María Manuela e Xiana Lastra á escritora Rosalía de Castro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello organizou para este venres 20 de decembro, dous concertos de A miña primeira Rosalía, na Fábrica, en Perillo. O primeiro será pola mañá para o alumnado de 3º da ESO dos institutos do Concello e o segundo será ás 21.00 h para o público en xeral. Unha sesión na que os veciños e as veciñas poderán escoitar os poemas de Rosalía nas voces de Mini, Mero, María Manuela e Xiana Lastra.

Para asistir ao concerto poñeranse á venda as entradas a partir das 20.00 h e o prezo será de 2,5 euros. Este espectáculo xurdiu no cento cincuenta aniversario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, logo de editarse o libro-CD A miña primeira Rosalía, dirixido e editado por Xiana e Xosé Lastra. Un libro-CD que conta coas voces de María Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra. As pezas incluídas no CD recóllense tamén neste concerto en directo, realizado polas voces e instrumentistas que participaron na gravación, constituíndo un espectáculo de máis dunha hora de duración e no que as diferentes cantigas van introducidas por pequenos vídeos que recollen opinións sobre Rosalía de Castro por parte de persoas relacionadas directamente co estudo da súa obra.

18 de decembro de 2013 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.