Oleiros celebra o seu concerto de Nadal coa actuación da Banda da Escola de Núsica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros celebra o seu concerto de Nadal o próximo 14 de decembro no auditorio Gabriel García Márquez de Mera. A actuación, que comezará ás 18.00 horas, inclúe o concerto das dúas prebandas e da Banda da Escola municipal de música. La primera prebanda interpretará March along y Beetle blues, de Jacob de Haan. A segunda Mood romantic, de Johan Nijsy Piratas del caribe de Klaus Badelt. Pola súa parte, e como prato forte do concerto a banda tocará Laura 94, de Ramón García i Soler, Ángels in the architecture de Frank Ticheli, La marchenera, de Federico Moreno Torroba e West Side Story.

Programa:

Laura 94

Pasodobre de diana, composto polo mestre Ramón García i Soler, en honra á raíña das festas patronais do ano 1994 de Atzeneta de Albaida (Alicante). A comarca do Val de Albaida é unha zona con moita tradición bandística e onde ten grande apego a festa de Mouros e Cristiáns.

Ángels in the architecture

Composta por Frank Ticheli, ”Angels in the architecture” (anxos na arquitectura) foi un encargo da Kingsway International (Londres), e estreouse na Ópera de Sidnei en xullo de 2008, por unha masiva banda composta por músicos novos de Australia e os Estados Unidos, dirixidos por Mathew George.

O título da obra está inspirado en elementos arquitectónicos da Casa da Ópera de Sidnei, tal como os seus ornamentos acústicos en forma de auréola que colgan directamente sobre o impresionante escenario así coma doutros, xa que estamos a falar dun dos edificios máis famosos e distintivos do século XX, e declarado Patrimonio da Humanidade.

A obra desenvólvese coma un conflito dramático entre os dous extremos da existencia humana, por un lado a divina (representada pola luz) e polo outro, o mal (representado pola escuridade). A alternancia destas forzas opostas, crea a forma musical desta obra, unha especie de cinco partes en forma rondó (luz – escuridade – luz – escuridade – luz).

La marchenera

Preludio do terceiro acto. “La marchenera” é unha zarzuela en tres actos, con libreto de Ricardo González e Fernando Luque e música do mestre Federico Moreno Torroba, estreada no teatro da Zarzuela de Madrid o 7 de abril de 1928. A obra ten un enredado argumento no que Paloma (protexida do Conde de Hinojares) é primeiro calumniada por Don Félix (un Don Juan madrileño) que interpreta mal a relación de Paloma co seu protector o Conde, aínda que finalmente Don Félix remata casándose con Paloma, non sen antes ter aventuras amorosas con Valentina, filla do Conde.

West Side Story

West Side Story, tamén coñecida como “Amor sen barreiras” é a famosa comedia musical estreada en Brodway, Nova York en 1957, con música de Leonard Berstein e letras de Stephen Sondheim. O musical é unha adaptación moderna da obra de Shakespeare, Romeo e Julieta. Ambientada nos barrios marxinais do West Side de Nova York, os Montesco e Capuleto non son agora familias, senón dúas bandas da rúa enfrontadas que disputan o seu dominio, por un lado os Shark de orixe portorriqueña, perseguidos polos Jet, de clase baixa branca e ascendencia europea. As dúas partes enfrontadas interpoñeranse na relación dos namorados, nunha trama que transcorre entre ritmos latinos, jazz e pop.

5 de decembro de 2013 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.