Obradoiros, karaoke, inchables e un carrusel para pasar as tardes de Nadal en Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Os nenos e nenas de Vilagarcía non van ter escusa algunha para aburrirse durante as vacacións de Nadal. Para que a diversión reine tamén durante estas datas tan especiais, a Concellería de Xuventude organiza un completo programa de animación que inclúe obradoiros, karaoke, inchables e ata un carrusel. As actividades comezan mañá venres 20 de decembro e desenvolveranse ata o 4 de xaneiro. Son de balde e celebrarase pola tarde na Praza de Galicia, excepto os inchables que serán na Peixería. En caso de chuvia, trasladarase a este último emprazamento.

O programa de animación deseñado pola Concellería que dirixe Sandra García inaugúrase mañá venres cun obradoiro de postais de Nadal que se celebrará entre as cinco e as sete da tarde, horario similar para todas as actividades. A xornada do sábado será integramente musical xa que celebrarase un karaoke infantil. O domingo, a actividade emprazarase na Praza de Galicia, onde se instalarán varios inchables para o goce dos máis cativos.

Do luns 23 e ata o domingo 29 de decembro, a Concellería de Xuventude ofrece aos nenos e nenas a posibilidade de subirse de xeito gratuíto nun carrusel tradicional que se instalará na Praza de Galicia e que funcionará en horario de cinco da tarde a nove da noite.

Os obradoiros e actividades lúdicas retomaranse a luns 30, ca celebración dun obradoiro de xoguetes elaborados con pinzas de madeira. O 2 de xaneiro os nenos e nenas poderán aprender a realizar árbores e adornos de Nadal e o día 3 haberá un obradoiro de puzzles. O programa de animación infantil pecharase o 4 de xaneiro cun obradoiro de Cartas aos Reis Magos.

19 de decembro de 2013 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.