Obradoiro de teatro de monicreques no Edificio Multiusos de Monforte
O derradeiro obradoiro incluído no programa de actividades organizado pola concellería de Educación e Cultura para este Nadal, levarase a cabo o xoves día 2 de xaneiro no Edificio Multiusos ás once da mañá.
Será un obradoiro de “Teatro de monicreques”, no que cada participante creará a súa propia marioneta para logo, xuntándose en grupos, inventar unha historia que representarán nun teatro de monicreques.
Este obradoiro une o desenvolvemento da creatividade co da expresión escrita e oral, mediante a elaboración das marionetas e a posterior representación. Os nenos e nenas participantes poderán dar renda solta á súa creatividade e imaxinación dunha maneira divertida.
Para a realización dos monicreques os/as participantes disporán de teas, lá, botóns, pintura, etc…
Os rapaces e rapazas que desexen participar só teñen que achegarse polo Edificio Multiusos un pouco antes do horario sinalado para o comezo da actividade.
A actividade estará dirixida por monitores especializados.











