publicidade hoxe

Obradoiro de Cantos de Nadal en Pontecesures

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontecesures
A-
A+

Dentro do programa de actividades organizado polo Concello de Pontecesures para este Nadal, o luns 30 de decembro, ás 12 horas, o Centro Social acollerá o obradoiro “Cantámosche os Reis”, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Dirixido a público de tódalas idades, Cantámosche os Reis é unha actividade coordinada por Pablo Díaz e Olga Kirk que ten como obxectivo difundir as cancións en galego propias destas datas, así como animar aos asistentes a recuperar a tradición de interpretar nadais, aninovos e reis polas casas de cada localidade.

27 de decembro de 2013 | 13:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.