O XVIII Festival de Títeres de Brión estará protagonizado por Títeres Trompicallo e Títeres Fantoches Boj
A maxia, a fantasía e o bo humor do teatro de monicreques chegará unha vez máis a Brión por Aninovo e xa van 18 anos consecutivos. Os días 2 e 3 de xaneiro, ás 17:00 horas, o Centro Social Polivalente acollerá o XVIII Festival de Títeres, un evento dirixido a toda a familia, aínda que pensando especialmente nos máis pequenos da casa. A entrada é libre e de balde.
O xoves 2 de xaneiro, Títeres Trompicallo presentarán “Jiñol”, a historia de Rosalía, Jiñol, o Sr. Bulú e o Policía, personaxes que verán a súa vida alterada pola chegada dun… crocodilo! Unha historia dinámica, divertida, contada a través de monicreques de luva, na que as diferentes situacións da obra xiran arredor do comportamento que os bonecos teñen cara ao intruso.
O venres 3, Títeres Fantoches Baj representarán “Fábula galénica”, una obra na que monicreques de luva interpretan, dentro dunha preciosa radio antiga, unha divertida historia de absoluta actualidade que bebe dos contos populares. “Fábula galénica” ten a súa orixe no texto que leva o seu mesmo nome, editado por Bahía Edicións, 2011, galardoado co VIII Premio Barriga Verde de textos para teatro de títeres na modalidade infantil que outorga o durante a Feira Galega de Artes escénicas.