O xogador do Santiago Futsal, Diego Quintela debutou coa selección española marcando un gol

O xogador do Santiago Futsal Diego Quintela debutou onte coa selección española absoluta nun amigable ante a selección de Serbia na cidade de Kragujevac, vencendo 1-6 e con gol do propio Quintela no último minuto. Xunto coa meta Juanjo, que saíu de titular, son os dous xogadores do Santiago Futsal convocados polo seleccionador nacional, Venancio López para disputar este e outro amigable ante Serbia, que se xogará hoxe a partir das 19h, dentro da preparación para a Eurocopa 2014.

O canteirán do Santiago Futsal, mostrouse “moi contento de entrar nesta convocatoria. Os compañeiros poncho moi fácil para adaptarche canto antes”. Neste debut, Quintela afirmou sentirse “algo nervioso, pero ao xogar os dous primeiros minutos, foi a menos. Si dinme hai unha semana que vou debutar coa selección absoluta e por encima con gol, non mo imaxinaría nin nos meus mellores soños”. O de Arzúa sente “moi feliz. Ao final do partido deime conta que ese momento sería unha das cousas que xamais esquecerei”.

3 de decembro de 2013 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.