O XII Torneo Internacional de fútbol sala de base “Cidade de Lugo” contará con 1.500 xogadores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Na mañá deste xoves, o Concello de Lugo acolleu a presentación do XII Torneo Internacional de fútbol sala de base “Cidade de Lugo” que por estas datas xa se converteu nun clásico dentro dos torneos de base. Ao redor de 1500 xogadores/as participarán nesta edición que como novidade este ano presenta que o mesmo amplíase nunha categoría, a xuvenil. A primeira fase do campionato arrinca mañá venres e estenderase ata o domingo.

Este Torneo, organizado pola Fundación Azkar, foi presentado esta mañá polo Concelleiro de Deportes do Concello de Lugo, José Manuel Díaz Grandío, e o Xerente da Fundación Azkar, Iván Pico.

Esta primeira fase, que arrinca mañá, disputarana equipos da capital lucense, provincia de Lugo e resto das provincias galegas. O campión de cada unha das categorías conseguirá o pase para a fase final, que se disputará do 2 ao 4 de xaneiro, xunto aos equipos invitados pola organización. O torneo disputarase para as categorías: benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e cadete feminino.

Declaracións:

Jose Manuel Díaz Grandío:

“É un Torneo con longa tradición na nosa cidade, que ano a ano vai sumando participantes tanto na primeira como na segunda fase e este ano entre as dúas preto de 1500 xogadores estarán gozando do seu deporte favorito. Desde o Concello agradecer á Fundación Azkar o esforzo que ano a ano fan para manter viva esta actividade que como digo move a moitos xogadores e xogadoras e é un evento importante para a cidade porque é un elemento máis da dinamización da cidade non só deportivamente senón tamén comercial e económicamente?.

Iván Pico: 

“Agradecer a todas as institucións que colaboran connosco e ás entidades privadas por consolidar este torneo e por permitir que un ano máis se converta nun dos torneos de base máis importantes a nivel nacional. Dividimos o mesmo como sempre en dúas fases e este ano a novidade é a inclusión da categoría xuvenil. O impacto económico sobre a cidade é moi grande sobre todo na segunda fase porque 27 equipos son de fóra das nosas fronteiras e hai moitas familias que veñen nesa época. Moitos equipos repiten ano a ano e iso é por algo”.

26 de decembro de 2013 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.