publicidade hoxe

O VII Concerto de Nadal de Neda contará coa actuación de Lucero del Alba, Parranda La Nuestra e o Coro Infantil e Xuvenil Cantabile

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioNeda
A-
A+

O Concello organiza, un ano máis, o Concerto de Nadal Vila de Neda. Unha cita imprescindible para dar a benvida ao Nadal. E, nesta ocasión, con doble xornada de concertos. Así, este venres, 13 de decembro, ás 20,30 horas, o público poderá seguir a actuación da Agrupación Lucero del Alba e do grupo Parranda La Nuestra. E, ao día seguinte, sábado, no mesmo esceario, pero ás 20 horas, está programado o concerto do Coro Infantil e Xuvenil Cantabile. Unha actuación que conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña. En ámbolos dous casos, a entrada é gratuíta.

Tras o seu paso polos máis recoñecidos escenarios de Viena, Salzburgo, Altenburg, Porto, Bolonia ou Roma, o Coro Infantil e Xuvenil Cantabile chega a Neda para ofrecer as súas mellores interpretacións a capella ou acompañados do piano. Un repertorio de música polifónica variada que abarca dende a música barroca, especialmente a obra sacra de Vivaldi ou Haendel, ata pezas máis actuais, pasando pola tradición popular galega. Nos seus máis de dez anos de existencia, o Coro Infantil e Xuvenil Cantabile tense convertido en referente musical en Coruña, impulsor da música e da cultura galegas a través das súas numerosas xiras ao longo de toda España e Europa. Os numerosos premios recibidos e a crítica avalan a súa traxectoria musical e, especialmente, o seu sonido e técnica vocal. En gran medida, grazas ao seu director, Pablo Carballido do Camiño, tenor e mestre de canto. Entre as súas actuacións máis importantes no campo operístico figuran Carmen, La Boheme, Otello e Parsifal, baixo a dirección de importantísimos directores do panorama internacional. Ademáis, ten no mercado xa catro discos, entre os que figuran a banda sonora da película De Profundis.

9 de decembro de 2013 | 12:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.