O vento atrasa o embarque en Vigo do ‘Adelaide’ a bordo do semisomerxible ‘Blue Marlin’

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local Portada ► Vigo ▼
A-
A+
Europa Press

O vento obrigou este martes a atrasar a operación de embarque do buque ‘Adelaide’ -unha megaconstrución construída en Navantia para a armada australiana- a bordo do semisomerxible ‘Blue Marlin’, que estaba prevista para as 10.00 horas.

Trátase dunha manobra “moi precisa, que necesita que non haxa vento”, trasladaron aos medios de comunicación fontes de Porto de Vigo e de Navantia. Así, aínda que á hora sinalada o vento situábase “no límite”, con 16 nós, decidiron atrasar a operación, para “ver se amaina”.

A manobra consiste en achegar e posicionar o ‘Adelaide’ enriba da cama de apoio instalada no ‘Blue Marlin’, que se somerxeu ao longo da madrugada deste martes para esta operación.

A nova hora prevista para a manobra son as 12.00 horas, aínda que non descartaron ter que esperar ata as 16.00 horas, en caso de que as condicións climatolóxicas non sexan as axeitadas.

10 de decembro de 2013 | 11:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.