O veciño de Ponte Caldelas, Roi Márquez Ricón, regresa co título de subcampión de España en Savate

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaPonte Caldelas
A-
A+
Roi Márquez na visita ao consistorio

Roi Márquez na visita ao consistorio

O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, recibiu no Consistorio ao recentemente proclamado subcampión de España de Boxeo Francés (Savate), na modalidade de menos de 65 quilos, o púxil de Cuñas, Roi Márquez Ricón, quen conquistou a medalla de prata no campionato celebrado en Ponferrada (León).

O rexedor municipal interesouse polo desenvolvemento do combate que facilitou, que Roi Márquez Ricón alcanzase o subcampeonato de España, e preguntoulle polas marcas deixadas no seu corpo pola dureza da competición, constatables a través dunha leve hinchazón do seu ollo esquerdo.

O púxil de Cuñas quitoulle importancia ao contratempo e sinalou que eran “gajes do oficio”, á vez que minimizou as secuelas da confrontación boxística e sinalou que o duro adestramento que realizan e a preparación física que realizan fan que as lesións sexan anecdóticas. Ademais, Márquez Ricón, defendeu a seguridade na práctica deste deporte, “que está perfectamente regulada e supervisada por árbitros que evitan, en todo momento, que suceda nada, como en calquera outra práctica deportiva relacionada coa loita e as artes marciais”, sinalou o deportista.

Roi Márquez Ricón, de 25 anos, pertence ao Club Xparta de Ponte Caldelas e formo parte da expedición trasladada pola Selección Galega a Ponferrada para celebrar este campionato no que contou coa colaboración do Concello de Ponte Caldelas co fin de que puidese completar o seu equipamento e así participar dunha maneira adecuada no Campionato de España, no que acaba de conquistar a medalla de prata.

En tan só un ano de práctica activa e competitiva deste deporte, ademais do subcampeonato de España de Boxeo Francés (Savate) posúe tamén a Medalla de Prata Lixeiro Contact, unha disciplina similar ao Kickboxing que está a gañar adeptos e interese en Galicia.

O Concello de Ponte Caldelas aposta pola práctica do deporte, tanto individual como de equipo, como unha parte esencial na formación da persoa á vez que supón unha forma de goce do tempo libre positiva e saudable.

Dentro das súas posibilidades, o Concello colabora con todas as manifestacións e disciplinas deportivas que se practican neste municipio, sobre todo a través das Escolas Deportivas que este ano, ademais das impulsadas pola Sociedade Cultural e Deportiva Ponte Caldelas e o Club de Tenis tamén se estenderon ao ensino da ximnasia rítmica e o taekwondo.

O Savate, tamén coñecida como boxeo francés, é unha disciplina deportiva de contacto que usa tanto as mans como os pés como armas e inclúe elementos do boxeo occidental, técnicas de agarre e técnicas de perna (só cos pés). Os practicantes de savate son denominados, “tireurs” no caso dos homes, e “savateuses” no das mulleres.

Savate adquire o seu nome etimológicamente da palabra francesa bota vella (calzado pesado que se adoitaba usar durantes os combates) e é actualmente unha amálgama para as técnicas francesas de loita rueira de principios do século XIX.

3 de decembro de 2013 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.