O túnel do Hórreo permanecerá pechado para reparar os danos do temporal
O túnel de O Hórreo permanecerá pechado este xoves, 26 de decembro, entre as 9.30 e as 12.00 horas para realizar a reparación dos danos causados polo temporal.
O Concello de Santiago pediu aos cidadáns que desculpen as molestias e lembrou que a cirulación quedou restablecida neste túnel este martes ás 13.15 horas en ambos os sentidos.
Ademais, indica que, debido aos danos causados polo temporal, a cea do Paluso trasladouse da carpa da Alameda na que se ía a celebrar ao centro sociocultural de Conxo.











